Santo Estevo do Ermo e Arealonga, escenarios dunha curta

Nacho Ozores, criado en San Miguel de Reinante, grava en Barreiros con Jaime Olías como protagonista

Nacho Ozores, Jaime Olías e Fuente Parga, nun dos escenarios da rodaxe. FARO NORTE

O director Nacho Ozores está a gravar en Barreiros a curtametraxe ‘O que medra por dentro’. O equipo técnico e artístico, que consta dunhas 20 persoas, está a utilizar localizacións como Santo Estevo do Ermo ou os arredores da praia de Arealonga.

O cineasta, criado en San Miguel de Reinante, coñece ben a zona, onde ten unha casa, e botará man tamén do areal de As Catedrais para ambientar a historia. ‘O que medra por dentro’ é unha curtametraxe que fala dos incendios, “pero sen incendios”, como avanza Silvia Fuentes, xefa de produción.

O actor madrileño Jaime Olías protagoniza a curta. O intérprete coincidiu con Ozores na serie ‘Al final del camino’, emitida por Televisión Española (TVE). O alcalde barreirense, Alfonso Fuente Parga, quixo achegarse á rodaxe.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here