O cantautor guardés Tino Baz actuará o día 19 de maio no salón de actos do Concello de Lourenzá. O concerto servirá para celebrar o Día das Letras Galegas no municipio.
Baz (A Guarda, 1972) entrou no grupo A Roda no 1990, grazas ao falecido Suso Vaamonde, que lle fixo de ponte para ingresar na formación, na que, ademais de cantar, tocou a gaita e a percusión. Comezou a súa andaina en solitario sete anos despois, e no 2008 publicou ‘Cinsa Namorada’.
Baz, que tamén formou parte do orfeón Treixadura, adapta letras de poetas a músicas populares. Así, as palabras de Manuel María, Celso Emilio Ferreiro ou Marica Campo descansan sobre un colchón de melodías tradicionais.