InicioCulturaJosé Díaz presenta este venres en Facebook o seu novo libro, 'Área...

José Díaz presenta este venres en Facebook o seu novo libro, ‘Área 51’

Trátase, segundo o autor, dunha colección de relatos "que teñen que ver coa percepción que terían de nós se nos visen ou nos visitasen seres doutros planetas"

Publicada o

- Advertisement -

O escritor e edil de Cultura de Burela José Díaz presentará o seu novo libro titulado Área 51. Será este venres, 24 de abril, ás nove da noite a través de Facebook.

O autor explica que “é un libro de relatos con diferentes temáticas que teñen que ver coa percepción que terían dos humanos se nos visen ou nos visitasen seres doutros planetas. Evidentemente é ficción, está escrito desde a ironía e desde o sentido do humor, que nestes tempos creo que vén ben. Está dividido en seis temáticas, leva a colaboración de Otto Treto como ilustrador e a editorial é Blau Verd, da comunidade valenciana”, indica.

Díaz comenta que “a idea inicial era presentalo en bares, cafeterías e locais de hostelería tanto en Galicia como fóra desta comunidade, pero agora non se pode facer polas circunstancias excepcionais que vivimos. Era a idea inicial para darlles unha pequena homenaxe a todos eses locais que houbo polo mundo enteiro onde moitos escritores se inspiraron para escribir os seus libros, desde Hemingway a Lord Byron, e en España autores da talla de Valle Inclán, Unamuno, Jacinto Benavente ou Pérez Galdós“.

O escritor engade que “a presentación será por vía telemática, creo que vai ser como se van a ter que facer agora moitas cousas, e oxalá nos siga a xente. Invito a todos a seguir ese vídeo a través do meu perfil de Facebook”, conclúe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...