Manuel Lourenzo engancha ao IES de Foz

O veterano actor e dramaturgo de O Valadouro improvisou cos estudantes e falou de 'Fariña'

Charla de Manuel Lourenzo no IES de Foz.

O alumnado do Instituto de Educación Secundaria (IES) de Foz desfrutou dunha charla co actor e dramaturgo valadourense Manuel Lourenzo. O departamento de Lingua Galega do centro impulsou a actividade, en principio pensada para os estudantes de 4º da Eso e 1º de Bacharelato, pero finalmente asistiron máis cursos, que encheron o salón de actos.

“NON QUERÍAN MARCHAR”

Lourenzo falou na súa ponencia do seu traballo no teatro e, como non, da célebre serie ‘Fariña’, na que encarnou a Terito. O alumnado participou constantemente na actividade, pois os estudantes poideron facer preguntas e o actor subiu a dúas persoas de entre o público para realizar con elas unha improvisación teatral. O evento durou “dúas horas e media, porque os rapaces estaban moi a gusto con Manuel Lourenzo”, comentou a profesora Ana Belén Paleo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here