O actor e humorista Carlos Blanco ofrecerá en Lourenzá unha escolma dos seus mellores monólogos. O cómico de Vilagarcía de Arousa actuará o 29 de setembro na casa da cultura, a partir das 20.30 horas. A actividade enmárcase no ciclo ‘Cultura do Camiño‘, que impulsan a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia.
Célebre pola súa interpretación de Laureano Oubiña en ‘Fariña‘, Blanco leva máis de 30 anos exercendo o arte do monólogo. Os dobraxes do cine porno, as mulleres bravas da súa terra natal ou as frases dos avós son algúns dos temas que repasará na súa actuación, non recomendada para menores de 13 anos.
MAXIA EN MONDOÑEDO
‘Cultura no Camiño’ traerá outro espectáculo á Mariña Lucense no mes de setembro. Será en Mondoñedo, o día 8. O ilusionista Dani García presentará o seu espectáculo de maxia ‘Acción‘ no salón de actos da casa da xuventude, desde as 18.00 horas.
Trátase dunha actuación que mestura humor, drama e efectos de maxia coa mente, con alimentos e mesmo co propio corpo do mago. Un evento recomendado para toda a familia.