InicioCulturaVivemar incluirá un tapeo en 25 locais de Viveiro, Celeiro e Covas

Vivemar incluirá un tapeo en 25 locais de Viveiro, Celeiro e Covas

O programa, que reivindica a cultura mariñeira, durará todo o mes de setembro e contén obradoiros, exposicións e debates sobre os plásticos ou a restauración da ría

Publicada o

- Advertisement -

O responsable da tapería itinerante Prato_DoLucas Requejo, e a concellería de mar de Viveiro impulsarán ao longo do mes de setembro o proxecto Vivemar, un programa de actividades que servirá para reivindicar a cultura mariñeira do municipio e para animar un mes no que o descenso do número de turistas se deixa notar no concello.

ACTIVIDADES

Vivemar incluirá exposicións, xornadas gastronómicas, debates, showcookings, obradoiros e mercados, entre outras actividades.

Haberá mostras de aparellos de pesca, embarcacións mariñeiras ou de fotografías relacionadas co mar; tamén debates sobre a consecuencia dos plásticos ou sobre a restauración da ría de Viveiro, recitais poéticos, obradoiros para nenos e un ciclo de cine. Un total de 25 locais de hostalería de Viveiro ofrecerán petiscos mariños do 20 ao 23 e do 27 ao 30 de setembro. Podes consultar o programa íntegro neste enlace. 20180828 (2).CRONOGRAMA VIVEMAR

PRESENTACIÓN

A alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, sinalou na presentación que “pretendemos resaltar a nosa cultura marítima e lembrar que o sector pesqueiro é moi importante. En todas as familias hai alguén que traballou no mar; redeiras, mariñeiros…“, subliñou.

O concelleiro de mar, Suso Fernández, destacou que o programa inclúe “unha morea de actividades durante todo o mes, moitas delas cun carácter didáctico; organizaranse visitas guiadas ás exposicións cos colexios”, precisou.

Pola súa banda, Requejo destacou a “participación cidadá” para realizar o proxecto e agradeceu a implicación “de veciños e profesionais do sector”.

ÚLTIMAS

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...

Acto vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

O photocall do Nadal de Acisa Ribadeo, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi obxecto...

Iván Cabanas: “Ceibarrimas quere traer o rap á zona e animar á xente de aquí a rapear”

-Que é o Ceibarrimas e cal é a finalidade do mesmo? Consiste en facer “batallas...

Burela renovará o saneamento da rúa Portelo e da zona de Ril

O Concello de Burela renovará con dúas obras os servizos e a accesibilidade da...