Tradicións que non morren: a Festa da Malla da Pontenova

Festa da Malla na Pontenova. Nela participan Darío Campos e Manolo de Prada, ademais doutros veciños / remitida

Este sábado celebrouse na Pontenova IV Edición da Festa da Malla. Un evento que tivo lugar a carón do Pozo da Ola. Na xornada, que comezou ás 12:00 horas, incluíronse diversas actividades como demostracións con malles (un apeiro manual para bater o cereal e extraer o gran). Despois houbo comida popular, na que participaron 200 veciños, e sesión vermú.

Na festa tamén participou Darío Campos, presidente da Deputación, veciño e alcalde deste concello, que agradeceu a colaboración e o traballo de todos os veciños que participaron nesta nova edición “especialmente a Manolo de Pada“, verdadeiro promotor desta cita, que xa celebra a súa cuarta edición.

“Para nós son importantisimas este tipo de iniciativas xa que contribuen a promover e revalorizar as tradicións locais como sinais de identidade e atractivo da provincia”, dixo o exedor.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here