Carvalho Calero, o intelectual honesto que logrou canonizar a historia da literatura galega

O homenaxeado no Día das Letras foi "desprezado e mesmo proscrito" por defender un galego culto máis próximo ao portugués e ás súas raíces

Carvalho Calero. GALICIA CONFIDENCIAL

Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910-Santiago de Compostela, 1990) representa un referente incuestionable que logrou a canonización da historia da literatura galega alí onde outros fracasaron.

“Intelectual honrado e honesto”, segundo o académico Henrique Monteagudo, “trátase do maior e mellor polígrafo da súa xeración”, destaca a escritora Pilar García Negro, quen lembrou que o intelectual ferrolán foi tamén “absolutamente crítico e clarividente” respecto ao “corset legal” no que estaba envolvida a lingua galega.

Carvalho foi un firme defensor dun galego culto máis próximo ao portugués e ás súas raíces. Esta opinión confrontaba directamente con outros sectores que optaban por outra norma máis próxima á oralidade (a normativa oficial que perdurou ata a actualidade).

“Lamentablemente foi desprezado, mesmo proscrito. E isto forma parte dunha verdade histórica que non se pode ocultar”, insistiu García Negro.

Le aquí o perfil completo do homenaxeado no Día das Letras, no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here