Minia Regos ensinará aos nenos de Cervo como crear un libro ilustrado

O obradoiro será o vindeiro sábado e está aberto o prazo de inscrición, para crianzas a partir de seis anos

Cartel da actividade. AXM

A debuxante, muralista e deseñadora pontevedresa Minia Regos ofrecerá en San Cibrao un obradoiro para nenos no que ensinará aos participantes como crear un libro ilustrado. Será o vindeiro sábado, 8 de setembro, na casa da cultura. A actividade comezará ás 12.00 horas. 

As crianzas que participen no taller, cunha idade mínima de seis anos, experimentarán con distintas técnicas grafo-plásticas a partir dun enfoque lúdico, e serán capaces de crear o seu propio libro ilustrado.

COMO ANOTARSE

O prazo para anotarse na actividade, organizada polo Concello de Cervo e englobada no programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia, está aberto. Os interesados poden achegarse á casa da cultura para formalizar a súa inscrición ou chamar ao teléfono 982.59.51.57.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here