A asociación sociocultural Mariña Patrimonio organiza para hoxe, 28 de maio, unha conferencia sobre o rico acervo cultural das nosas lendas e tradicións, na que o profesor e xornalista Manuel Gago analizará, mediante numerosos e fascinantes exemplos, como a tradición oral transforma e inventa a memoria das comunidades.
“A través deste interesante relatorio descubriremos en que medida a tradición oral garda a memoria do pasado e que recordos parecen pervivir no imaxinario colectivo, mentres que outros desaparecen sen deixar aparentes pegadas”, explica a asociación.
Debido ás actuais circunstancias derivadas da pandemia do Covid-19, a conferencia ‘Os misteriosos espellos da tradición: Conexións entre Historia e imaxinario na tradición oral galega poderá seguirse en streaming a partir das 19.30 horas a través do Facebook de Mariña Patrimonio.