San Martiño acollerá o domingo un concerto de VIVID Consort

A actuación, de balde, enmárcase no programa Espazos Sonoros que impulsa a Xunta de Galicia

Vivid Consort. AXM

A basílica de San Martiño de Mondoñedo, situada no municipio de Foz, acollerá o vindeiro domingo un concerto a cargo do grupo VIVID Consort. O trío de frautistas interpretará Bitter Fruit, un repertorio de pezas que combina a música profana inglesa e francesa, con incursións no Quattrocento italiano.

A actuación, de balde, comezará ás 19.00 horas e enmárcase no programa Espazos Sonoros, que impulsa a Xunta de Galicia. Dentro do mesmo proxecto, e tamén de xeito gratuíto, englóbase unha visita á Frouseira. Será ese mesmo día, desde as 15.00 horas.

VISITA Á FROUSEIRA

Os interesados en anotarse para esta última actividade poden facelo a través da dirección de correo electrónico actividades@espazossonoros.org. Cada persoa poderá realizar un máximo de catro reservas. Deberá achegar o nome completo de cada un dos participantes e un número de teléfono de contacto. O día da actividade, os participantes terán que presentar o código de referencia facilitado por e-mail coa formalización da inscrición.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here