InicioCulturaO director da RAE cativa ao alumnado de Vegadeo

O director da RAE cativa ao alumnado de Vegadeo

O IES Elisa y Luis Villamil impulsou a ponencia de Darío Villanueva, á que asistiron tamén estudiantes de Luarca e Navia

Publicada o

- Advertisement -

O director da Real Academia Española (RAE), Darío Villanueva, foi o protagonista da última actividade do Foro Comunicación y Escuela, organizado polo Departamento de Lengua Castellana do IES Elisa y Luis Villamil de Vegadeo. O auditorio Félix Menéndez encheuse para escoitar a conferencia ‘Cómo se hace un diccionario de la lengua’, que impartiu o académico e Catedrático da teoría da literatura.

Villanueva repasou a historia dos diccionarios publicados pola RAE nos seus máis de tres séculos de traxectoria, desde o Diccionario de autoridades, publicado en seis volumes entre 1723 e 1739, ata a vixésimo terceira edición do Diccionario de la lengua española, de 2014, e detallou o procedemento que segue a institución para modificar e actualizar o seu repertorio.

o mundo dixital e o panhispanismo son os retos do dicionario da institución, segundo o poñente

Ante un auditorio maioritariamente formado por estudantes dos institutos de Luarca, Navia e Vegadeo, o filólogo e crítico literario explicou que “estamos nun momento crucial para o diccionario académico” que, segundo argumentou, debe ser “refundado en clave dixital” e “levar ata as súas últimas consecuencias o seu carácter panhispánico” na súa vindeira edición, que xa está en fase de redacción.

O director da RAE recordou que a versión en liña do actual diccionario recibiu máis de 750 millóns de consultas en 2017.

A conferencia de Darío Villanueva, que ten raíces familiares na zona -seu pai é natural de Meredo, no concello de Vegadeo- enmárcase na nutrida axenda de actividades do Foro Comunicación y Escuela, que neste 2018 chega á súa décima edición. Este ano, o alumnado vegadense tivo a oportunidade de escoitar tamén ao prestixioso xurista Antonio Garrigues Walker ou a Miguel Falomir Faus, director dunha das mellores pinacotecas do mundo, o Museo del Prado.

O 25 DE MAIO, OUTRA CONFERENCIA

O vindeiro 25 de maio está prevista unha conferencia sobre ‘Medios de comunicación y democracia en España’ na casa da cultura de Castropol. O 2 de xuño o Foro celebrará un acto de recoñecemento ás institucións e entidades que apoiaron a iniciativa ao longo desta última década.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...