O Resurrection Fest vende máis de 9.000 abonos en hora e media

O prezo das entradas para os catro días do festival manterase en 115 euros máis gastos ata o seguinte anuncio de grupos

Momento do concerto de Jello Biafra na edición de 2018. RESURRECTION FEST/TONI VILLEN

O Resurrection Fest vendeu este luns máis de 9.000 abonos en oferta nunha hora e media desde a posta á venta das entradas.

A organización do festival de hardcore, punk e heavy metal que se celebra en Celeiro vendeu os primeiros 4.500 abonos a 95 euros, e os 4.500 seguintes a 105 euros. Os promotores informaron que a partir de agora manterán un custo de 115 euros máis gastos para os seguidores que queiran ter acceso ao recinto nos catro días do evento, ata a seguinte confirmación de grupos.

CINCO BANDAS CONFIRMADAS

O Resurrection Fest 2019 celebrarase do 3 ao 6 de xullo. Polo de agora hai cinco bandas anunciadas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here