InicioCulturaSargadelos amplía a súa oferta cultural cun museo que incluirá a recuperación...

Sargadelos amplía a súa oferta cultural cun museo que incluirá a recuperación da casa de Díaz Pardo

Ademais da primeira parte do conxunto museístico, a marca tamén inaugurou unha taberna na que ofrecerá cociña galega

Publicada o

- Advertisement -

O Museo de Sargadelos de Cervo inaugurou este sábado a súa primeira fase nun acto ao que asistiu o conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, quen se mostrou convencido de que este proxecto será un motor “para impulsar o turismo cultural dentro da Mariña lucense”, comarca que nas últimas semanas sofre un brote de Covid-19. Ademais, tamén se inaugurou a nova taberna da marca, que ofrecerá cociña galega en cerámica propia.

Durante o evento que serviu de arranque a este proxecto expositivo, que recolle a historia da fábrica de Cerámica de Sargadelos e ten previsto recuperar a casa na que viviu o polifacético galeguista Isaac Díaz Pardo, o conselleiro en funcións dixo ser “consciente” de que non son momentos “fáciles” para A Mariña. “Pero precisamente por iso agora é máis importante que nunca pór en marcha iniciativas como esta, capaces de dinamizar a economía ao mesmo tempo que se pon en valor a nosa identidade e legado cultural”, subliñou Rodríguez.

Segundo as súas palabras, o novo museo, situado nas antigas dependencias do Seminario Sargadelos, será “un faro” que iluminará a comarca e toda Galicia como “un novo atractivo” cultura e turístico que pon en valor “algo tan característico” da comunidade como a cerámica de Sargadelos.

Nesta mesma liña, Román Rodríguez agradeceu o esforzo realizado por parte desta firma centenaria para abrir este museo que recolle “á perfección” a historia “dunha verdadeira icona cultural para toda Galicia”. “Estou convencido de que Díaz Pardo estaría orgulloso de ver este espazo, da traxectoria de Sargadelos e de como a importancia desta fábrica de cerámica segue crecendo”, engadiu.

“EXPERIENCIA SARGADELOS”

En concreto, este sábado quedou inaugurada a primeira fase deste proxecto, que se compón de sete salas expositivas. Así, queda pendente unha segunda fase que inclúe novas salas e a recuperación da casa na que viviu Díaz Pardo durante a súa etapa en Cervo, unha iniciativa que coincide coa celebración do centenario do seu nacemento.

As salas do novo Museo Sargadelos mostran parte do patrimonio da fábrica de cerámica e permiten contemplar desde pezas de olaría tradicional ata obras de Díaz Pardo e do tamén polifacético galeguista Luís Seoane. Esta iniciativa tamén inclúe xoiaría, vidro e colaboracións con figuras ilustres e grandes ceramistas, como Arcadio Blasco, Carmen Perujo, Silverio Rivas ou Camilo José Cela.

Coa apertura do centro museográfico e o comedor, Sargadelos convida a desfrutar da planta circular cunha ‘Experiencia Sargadelos‘ que se compón de catro etapas: o restaurante, o museo, as visitas guiadas polo proceso de elaboración de cerámica, e finalmente a tenda e galería.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...