A Pobra do Brollón acolleu esta noite do 20 de xullo a estrea da película ‘María Solinha‘, dirixida por Ignacio Vilar (responsable de ‘A Esmorga‘ ou ‘Vilamor‘). A proxección do filme, que trae á actualidade a lenda da muller acusada de bruxería e perseguida pola Inquisición no século XVII chegará á Mariña Lucense o 3 de agosto, en Barreiros.
Para ese día está prevista unha Premier coa presenza do director e as actrices Grial Montes e Laura Míguez. Ademais, o 18 de agosto a película estrearase no Valadouro.
O Corgo, Meira, Vilalba, Guitiriz, Becerreá, Monterroso e Outeiro de Rei serán as outras localidades nas que se estreará a cinta de Vilar. Máis información no Xornal de Lemos.