InicioCulturaO musical infantil 'Yo Soy Ratón' chega a Viveiro o vindeiro sábado

O musical infantil ‘Yo Soy Ratón’ chega a Viveiro o vindeiro sábado

O espectáculo, para nenos e adultos, aspira a remover conciencias con pezas de rock ou funk

Publicada o

- Advertisement -

O rompedor musical infantilYo soy Ratón chega a Viveiro o 6 de outubro. O espectáculo verase en Galicia por primeira vez con dúas únicas datas, a da Coruña (o día 7) e máis a da cidade do Landro.

Concebido polo educador e músico Manu Rubio e polo multiinstrumentista Paul Castejón, ‘Yo soy ratón’ defínese como ‘canción protesta infantil‘ ou ‘música para nenos apta para adultos‘. Trátase dun espectáculo que se desmarca dos patróns habituais da música infantil ao combinar o rock e o funk coa world music.

O musical apelará tamén aos adultos, que poderán replantexarse a súa visión do mundo a partir dunhas cancións que aspiran a remover conciencias.

VENTA DE ENTRADAS

O espectáculo será no teatro Pastor Díaz, desde as 18.30 horas. O prezo das entradas é de cinco euros, dous para os nenos menores de tres anos. Os tickets poden mercarse no Viveiro Tatoo Estudio (na avenida de Navia Castrillón, 14) ou neste enlace.

A alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, a edil de cultura, Lara Fernández, e Iván Pérez, de Viveiro Tatoo Estudio, presentaron o espectáculo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...