Adrián Canoura presenta a súa obra no prestixioso Curtocircuíto

O cineasta burelao mostrará 'Caerán lóstregos do ceo' no festival internacional de cine de Santiago de Compostela

Canoura, na entrega de premios de Filmadrid. CECILIA VINCENTELLI

O cineasta burelao Adrián Canoura presentará este martes a súa premiada obra ‘Caerán lóstregos do ceo‘ no Curtocurcuíto de Santiago de Compostela. Será a partir das 22.30 horas, no Teatro Principal.

O Curtocircuíto, que cumpre a súa décimo quinta edición, é un festival internacional de recoñecido prestixo, polo que pasaron directores como Aki Kaurismäki. Canoura presentará o seu traballo na sección Planeta GZ, na que tamén estará Oliver Laxe.

MESA REDONDA

O venres, desde as 10.00 horas no CGAC, o realizador burelao participará nunha mesa redonda interxeracional na que tamén participarán Laxe, Sandra Sánchez e Margarita Ledo.

ACTUACIÓN CON BAIUCA

Esa mesma noite, actuará co grupo musical Baiuca na sala Malatesta, desde as 00.00 horas, nunha festa enmarcada no propio festival. Tratarase dun espectáculo audiovisual que contará coa colaboración de Xosé Lois Romero e Aliboria.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here