InicioCulturaA asociación As Minas doará a xestión do bar e cea do...

A asociación As Minas doará a xestión do bar e cea do festival aos locais de hostalería que o soliciten

O encontro musical celebrarase, de permitilo as autoridades sanitarias, o 12 de decembro

Publicada o

- Advertisement -

A asociación As Minas da Pontenova agarda poder celebrar, “sempre que as condicións e as autoridades o permitan”, a décimo cuarta edición do festival do mesmo nome, o vindeiro 12 de decembro. O colectivo doará aos locais de hostalería que así o soliciten a xestión da cea e o bar do día do encontro musical, a fin de “axudar a paliar a crise económica orixinada polo Covid-19​”.

A maiores tamén se colaborará co resto de comercios poñendo á súa disposición camisolas (pagadas pola Asociación) e Lotaría de Nadal sendo os beneficios das ventas para os propios negocios colaboradores.

“Desta forma queremos invertir as axudas públicas do festival deste ano (que son de todos) no apoio do comercio da nosa vila”, remarcan desde a asociación, que está disposta “a escoitar calquer tipo de inciativa coa que poidamos colaborar e levar a cabo o fin de semana do festival e que redunde no beneficio dos negocios da contorna”.

CAMISOLAS DE NADAL E LOTARÍA

As camisolas están á venda en Librería Eugenia, Mercería O Vispo, Orly, Daponte, Clínica Son Saúde, A Tenda de Manolo, Bar Puente, Dekor-Eo, Librería Azu e Teresa Roupa para Todos.

A lotaría atópase en Librería Eugenia, Bar Puente, Cafetería Casa da Cultura, Restaurante San Briz, Clínica Son Saúde ou pode tamén solicitarse a calquera membro da asociación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...