O grupo vigués Basanta vén de estrear o videoclip ‘Gris‘, unha produción realizada na Mariña Lucense.
Dirixiu a peza o cervense Xaime Miranda, coa tamén cervense Sabela Blanco como xefa de produción. Elena Lombao encargouse da fotografía e Eloy Couceiro, Miguel Fernández, Maite Señoráns e Antón Miranda.
‘Gris’ contou coa actriz Uxía Caldeiro, de Burela, integrantes de Amigos do Entroido Ribeirao e veciñanza da Mariña.
Para a rodaxe, o equipo elixiu varias localizacións da bisbarra, como Santo Estevo do Ermo, a costa de Ribadeo, o Espazo Caritel e a vila de Mondoñedo. O proxecto contou coa colaboración do Concello mindoniense e do Rei das Tartas.
SEGUNDA COLABORACIÓN
‘Gris’ é o segundo videoclip que Miranda roda na Mariña para a banda viguesa. ‘Inferis‘, o primeiro, obtivo o premio á mellor peza no Festival Primavera de Cine 2018.