A biblioteca municipal Juana Ibarbourou de Lourenzá deu a coñecer os premiados na fase local do certame de narración e debuxo correspondente á celebración do Día das Letras Galegas 2018.
DEBUXO
No apartado de debuxo, na categoría A, Souad Boufeljat e Bilal Maaji, de seis anos, foron premiados, xunto con Ibtissam Mbitil, de sete. Na categoría B, as distincións foron para Pablo Reigosa Castro, de nove anos, e Kevin Irimia Méndez e Noa Valiña Ginzo, de once. Na categoría C, o xurado distinguiu a obra de Cristina Sardina Neira, de doce anos.
NARRACIÓN
No tocante ao apartado de narración, na categoría B, Carlos Docampo Iglesia e Noemí Huertas Fornos, de dez anos, recibiron recoñecemento, así como Antía Gutiérrez Gavín, de once. Na categoría C, Claudia Carril Cabaleiro e Iván Muíño Comendeiro, de doce anos, foron os premiados.
O concelleiro de cultura, Manuel Arango, felicita aos nenos premiados e agradece a colaboración do profesorado do Ceip Juan Rey.