InicioCulturaO Concello de Viveiro pospón para 2021 a terceira edición do Vilar...

O Concello de Viveiro pospón para 2021 a terceira edición do Vilar Ponte de novela

O goberno viveirense toma a decisión "tendo en conta as circunstancias actuais, en aras a preservar a saúde pública e co obxectivo de celebrar o acto de entrega en mellores condicións"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro decidiu pospoñer a celebración do III Premio de Novela Vilar Ponte, que terá lugar en 2021. Esta decisión adoptouse “tendo en conta as circunstancias actuais, en aras a preservar a saúde pública e co obxectivo de celebrar o acto de entrega en mellores condicións”, expón o goberno local nun comunicado de prensa.

O goberno municipal agarda que o vindeiro ano poida dar continuidade a este certame que naceu dun pacto entre o Concello e a formación independente Por Viveiro co dobre obxectivo de render homenaxe aos irmáns Antón e Ramón Vilar Ponte e recoñecer a súa labor, ao tempo que se pretende apoiar e difundir a literatura en lingua galega.

Confía, ademais, que esa terceira edición sexa un novo éxito e que, igual que nas anteriores, se manteña á alta participación e calidade das obras presentadas, logrando consolidar este premio literario dentro do marco cultural galego. Natalia Carou Figueira, con ‘O mal querer’, foi a gañadora da pasada edición, mentres que na estrea o xurado elixiu ‘Matar o heroe’, de Adolfo Caamaño.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...