InicioCulturaTeatro, música e cine, nas Letras Galegas do Valadouro

Teatro, música e cine, nas Letras Galegas do Valadouro

Haberá un espectáculo musical para nenos o día 16 e Bandullo Azul representará o 17 unha obra de María Victoria Moreno

Publicada o

- Advertisement -

A delegación de cultura do Concello do Valadouro proxectou un programa variado para a celebración da Semana das Letras Galegas e da Diversidade Cultural no municipio, que incluirá cine, teatro e música.

A programación arrinca o mércores desde as 14.30 horas, cando os nenos do Ceip Santa María do Valadouro lerán o seu conto viaxeiro para despois dar paso a un espectáculo de música e teatro: ‘A viaxe da palabra que non era valente’, da cantautora coruñesa Silvia Penide e César de Centi. Será no salón de actos da casa da cultura.

DÍA 17

O xoves, desde as 12.30 horas no mesmo escenario, o novelista Lionel Rexes repasará a vida e obra de María Victoria Moreno, homenaxeada nesta edición do Día das Letras Galegas. Os nenos e nenas de Amado Lar cantarán cantigas populares e lerán varios contos da escritora. Xa pola tarde, desde as 20.00 horas, o grupo teatral Bandullo Azul representará ‘Mar adiante’, peza da autora.

A xornada festiva do venres 18 arrincará ás 19.00 horas, cunha exhibición de ximnasia no pavillón a cargo do club deportivo Porta Norte. A partir das 21.00 horas, a casa da cultura acollerá a proxección da película ‘O Apóstolo‘, dirixida por Fernando Cortizo.

O día 19 remata a programación coa proxección, desde as 21.00 horas, de ‘Pradolongo‘, filme de Ignacio Villar.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...