Dezasete compañías e grupos de teatro afeccionado participarán na segunda edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, que se celebrará no vindeiro mes de novembro. Trátase de sete compañías da Mariña, outras oito do resto da provincia de Lugo e dúas do Occidente asturiano.
OITO FINALISTAS
As compañías inscritas terán que pasar un proceso de selección no que se escollerá aos oito finalistas. As elixidas representarán as súas obras os sábados e domingos do mes de novembro, e optarán aos galardóns establecidos nas bases do certame.
As representacións das obras serán os sábados e domingos de novembro
Entregaranse premios á mellor representación, aos mellores actores e actrices principais e de reparto, á mellor posta en escena e un premio especial outorgado por votación popular. Ademais todos grupos seleccionados recibirán do Concello de Lourenzá unha axuda de 300 euros pola súa participación. A gala de entrega dos premios será en decembro, nunha data aínda por concretar.
OLLOMAO, GAÑADOR DA PRIMEIRA EDICIÓN
O Colectivo Cultural Ollomao foi un dos mellor valorados na pasada edición do certame. O grupo barreirense obtivo o premio “Conde Santo” á mellor representación mentras que o seu actor Juan de Culán foi elixido como mellor actor. A mellor actriz foi María Insua de Andanzas, de Viveiro.