InicioCulturaTeatro para todas as idades e música protagonizan a axenda cultural de...

Teatro para todas as idades e música protagonizan a axenda cultural de Viveiro nos vindeiros meses

Nas próximas semanas pasarán polo escenario do Pastor Díaz Malasombra Producións, con ‘Bernarda’, ou Teatro do Atlántico, con ‘Dúas donas que bailan'

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro xa ten lista a programación cultural para o Teatro Pastor Díaz nos meses de outubro, novembro e decembro, co protagonismo da música e o teatro para todas as idades.

A primeira das actuacións previstas, do Coro Mestre Pacheco este sábado 3 de outubro, dentro do programa ‘Musiqueando’, tivo que suspenderse debido á situación sanitaria, xa que os espazos cos que conta o concello non reúnen ás condicións idóneas para un espectáculo deste tipo.

Nas próximas semanas pasarán polo escenario do Pastor Díaz Malasombra Producións, con ‘Bernarda’; Teatro do Atlántico, con ‘Dúas donas que bailan’; Culturactiva Produccións, con ‘Rosalía’, ou a Banda Municipal de Música de Viveiro.

Haberá límite de aforamento e será necesario o uso de máscara en todas actividades, ademais de cumprir coa distancia social. Consulta neste pdf todas as actuacións. Programacion Viveiro

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...