(VÍDEO) Sabela, salvada polos compañeiros trala gala 4 de OT

A cantante con raíces en Ourol seguirá no concurso tras recibir cinco votos do resto de concursantes

Sabela e Carlos, durante a súa interpretación. JOSÉ IRÚN FOTO/RTVE

Sabela Ramil, a cantante pontesa con raíces en Ourol, seguirá en Operación Triunfo tras ser salvada polos compañeiros.

VERSIÓN DE PEREZA

A vocalista galega interpretou xunto a Carlos a peza ‘Estrella Polar‘, do grupo madrileño Pereza.

Ao xurado non lle gustou a súa actuación e Sabela foi nominada xunto ao propio Carlos, Dave e Natalia.

DAVE E CARLOS, NOMINADOS

Os profesores da Academia salvaron a esta última e a cantante galega valeuse dos votos dos compañeiros para continuar no concurso; recibiu cinco, por catro de Dave e un de Carlos, que serán os nominados desta semana.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here