InicioCulturaO impacto do Resu 2018: máis de 8,5 millóns, dos que 6,6...

O impacto do Resu 2018: máis de 8,5 millóns, dos que 6,6 quedaron na Mariña

Son as cifras dun estudo da USC que entrevistou a case 1.500 persoas durante o festival

Publicada o

- Advertisement -

Tralo segundo anuncio de bandas para a edición de 2019, este xoves presentáronse os resultados dun estudo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) encargado por Agadic, que cifra o impacto económico do Resurrection Fest 2018 en máis de 8,5 millóns de euros en Galicia, dos que 6,6 reverteron na Mariña.

A investigación nutriuse de 1.470 enquisas realizadas durante o festival, que se celebrou do 11 ao 14 de xullo.

58% DAS VISITAS DE FÓRA DE GALICIA

O estudo conclúe que o Resu rexistrou máis de 81.756 visitas, das que o 58% proviñeron de fóra de Galicia.

GASTO MEDIO

No tocante ao perfil de asistente máis común, foi o dun home de entre 18 a 24 anos, cun gasto medio por persoa e día duns 51,45 euros.

VALORACIÓNS

O sondeo tamén abordou a valoración dos asistentes sobre o festival. O resultado final foi de 8,7 puntos sobre 10. Neste ámbito, preguntóuselle aos entrevistados sobre a súa mellora do coñecemento de Viveiro, que valoraron cun 9,43, ou da súa imaxe, cun 8,96.

TRECE EDICIÓNS

A Deputación de Lugo e mailo Concello de Viveiro anunciaron este xoves en rolda de prensa estes resultados. A administración local e maila provincial foron as únicas que apoiaron o festival durante as trece edicións celebradas.

O Goberno da Deputación achegou este ano 130.000 euros para o festival, unha cantidade que é “unha engranaxe para que se multipliquen os retornos desta achega na nosa provincia”, destacou o voceiro do ente provincial Álvaro Santos Ramos.

Santos, os irmáns Méndez e Loureiro, en Viveiro. AXM

Pola súa banda, o Concello involucrouse directamente na súa organización, facilitando desde espazos para concertos ata lugares de acampada, colaborando con persoal e reforzando os medios de seguridade.

A alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, reivindicou a figura do anterior rexedor, Melchor Roel, como impulsor do festival, que é “un orgullo para o noso concello”.

A Xunta de Galicia, a través de Agadic, concedeu 42.000 euros ao festival, trala presentación dunha solicitude de axuda á concorrencia.

PRESENTACIÓN DO INFORME

Tamén asistiron á presentación un dos organizadores e promotores do Resu, Iván Méndez; o Director da AGADIC, Jacobo Sutil; o coordinador da investigación e autor do estudo, Fran Núñez; e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...