InicioCulturaO Concello convoca un concurso de fotografía de recursos naturais e patrimoniais...

O Concello convoca un concurso de fotografía de recursos naturais e patrimoniais de Alfoz en outono

O certame, con tres premios por importe de 300, 200 e 150 euros, aspira a visibilizar os espazos máis senlleiros do municipio con imaxes que servirán para a promoción turística do mesmo

Publicada o

- Advertisement -

A Delegación de Turismo do Concello, dentro do Plan Único da Deputación Provincial, convoca o I Concurso de Fotografía “Alfoz no outono”. Dirixido a fotógrafos afeccionados de a partir de 16 anos, establécese unha única categoría á mellor fotografía con tres premios, por importe de 300, 200 e 150 euros e o correspondente diploma.

A temática desta primeira edición do certame serán os espazos naturais e o patrimonio monumental ou arqueolóxico do termo municipal de Alfoz durante esta estación.

A finalidade do concurso é dobre: “por un lado poñer en valor a beleza dos recursos do Concello de Alfoz e, ao mesmo tempo, dalos a coñecer mediante a realización de fotografías que servirán para a promoción turística do municipio”, expón a concelleira delegada desta área, Aránzazu Incera.

“Será unha maneira diferente de descubrir, non só aqueles lugares como o Castelo de Castro de Ouro, a Pena Abaladoira ou a Fervenza do Escouridal, de singular beleza e valor, senón moitos outros como árbores senlleiras, paisaxes, pazos ou casas señoriais que merecen tamén un lugar destacado”, conclúe a edil.

INSCRICIÓNS

Os concursantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías, non premiadas noutros concursos, desde o 2 ata o 30 de novembro, enviándoas ao correo turismo@concellodealfoz.com ou presencialmente na oficina de rexistro da Casa do Concello.

As bases completas e o modelo de inscrición están dispoñibles na web municipal -en concreto, na sede electrónica e no apartado actualidade/novas-. Para máis información poden escribir ao correo de turismo ou chamar ao teléfono 982.55.80.01 (extensión 2).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...