InicioCulturaO Gaiás acollerá ata abril unha mostra sobre "o galego máis querido",...

O Gaiás acollerá ata abril unha mostra sobre “o galego máis querido”, Isaac Díaz Pardo

Pezas de Sargadelos locen entre máis de 200 obras do artista e empresario galeguista

Publicada o

- Advertisement -

Cen anos transcorreron desde o nacemento do xa desaparecido Isaac Díaz Pardo, un home polifacético que en 1936 perdeu ao seu pai pola represión fascista, acontecemento que “marcou” a súa vida, como aseguran os seus fillos Xosé e Camilo Díaz Arias de Castro, e que o levou mesmo a regresar de Madrid cando lle ofreceron pintar as cúpulas do Val dos Caídos en plena ditadura franquista. O intelectual galeguista, que collera “fama” como pintor a finais dos anos 40 en Madrid, onde estudou Belas Artes, atopábase nun momento álxido da súa profesión en que “vendía” todas as obras que creaba. Algunhas delas pódense visitar xunto a máis de 200 pezas e unha peza audiovisual no Centro Museo Gaiás desde este venres ata o próximo mes de abril.

Le a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...