InicioCulturaDavid Amor chega a Burela o vindeiro sábado con 'Love está en...

David Amor chega a Burela o vindeiro sábado con ‘Love está en el aire’

Chévere Teatro ou a estrea do documental 'Honra' serán outros dos atractivos da programación cultural do Concello no mes de novembro

Publicada o

- Advertisement -

O cómico galego David Amor presenta o vindeiro sábado, 14 de novembro, en Burela, o monólogo ‘Love está en el aire‘. Co título engadido de ‘o espectáculo máis sincero do mundo‘, será no auditorio municipal ás 20.30 horas. O prezo das entradas é de catro euros.

O Concello agarda que a Xunta de Galicia permita que o aforamento no auditorio municipal sexa para 50 persoas, en lugar das 30 permitidas na actualidade, “xa que hai sitio de sobra para manter as medidas de seguridade esixidas neste momento”. E lembran que “será obrigatorio o uso de máscara, así coma o lavado das mans co xel hidroalcólico que atoparán no interior da instalación. A cultura é segura e queremos seguir disfrutando dela con responsabilidade”, expuxo o goberno local.

As entradas estarán á venda o día da función na billeteira do auditorio, que abrirá unha hora antes do comezo da representación. Participan na organización deste evento, xunto ao Concello de Burela, a Xunta de Galicia, AGADIC, Rede Galega de Teatros e Auditorios e Xacobeo 2021.

O sábado 21, a compañía Teatro Andanzas porá en escea a obra ‘Olvida los tambores‘. Será no auditorio municipal ás 20.30 horas. E o domingo 22, no mesmo escenario, terá lugar a estrea do documental titulado ‘Honra‘, de Xabi Piñeiro e Breixo Llano.

Finalmente, o sábado 28 Chévere Teatro representará ‘As fillas bravas e o mito de Casandra‘. Será ás 20.30 horas e prezo da entrada é de catro euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...