A Asociación Francisco Lanza de Ribadeo proxectará o vindeiro domingo, 22 de novembro, o filme de Alberte Mera ‘Reboiras, acción e corazón‘. Nel lembra, a través de moitos testemuños, a figura do “patriota galego e loitador antifranquista” que foi asasinado pola Policía nos ultimos tempos da ditadura.
Hoxe, Reboiras está recoñecido oficialmente polo Ministerio de Xustiza como “vítima do franquismo”. Na proxección estará presente o propio director, “co que poderemos conversar sobre o filme unha vez finalice”, explica a agrupación.
Esta actividade está organizada pola Agrupación Cultural Francisco Lanza e a Concellería de Cultura do Concello de Ribadeo. Será no cine de Ribadeo, ás 19.30 horas. O aforamento estará limitado a 60 persoas.