InicioCulturaPiden que se dedique o vindeiro Día das Letras Galegas a Fernández...

Piden que se dedique o vindeiro Día das Letras Galegas a Fernández del Riego

A Asociación Cultural Patrimonio Laurentino reivindica ao intelectual, Fillo Predilecto de Lourenzá, cando se cumpren dez anos do seu falecemento, o 26 de novembro de 2010

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación Cultural Patrimonio Laurentino solicita que se lle dedique o próximo Día das Letras Galegas ao “intelectual galeguista e laurentino universal Francisco Fernández del Riego“, cando se cumpren dez anos do seu falecemento, o 26 de novembro de 2010.

“Este home, Fillo Predilecto de Lourenzá“, precisa este colectivo nun comunicado, “foi unha das personalidades máis emblemáticas da cultura galega e un claro exemplo de vida entregada a unha causa, a causa de Galicia“.

Nado en Vilanova de Lourenzá o 7 de xaneiro de 1913, foi coautor de iniciativas esenciais como a creación de Editorial Galaxia, a fundación da Revista Grial, a creación da Biblioteca Penzol e de títulos fundamentais como o ‘Manual de Historia da Literatura Galega‘, ‘Escolma da Poesía Galega Contemporánea‘, ‘Letras do Noso Tempo‘ ou ‘Diccionario de Escritores en Lingua Galega‘, entre outros.

Recorda Patrimonio Laurentino, así mesmo, que foi “entre outras cousas impulsor e promotor do Día das Letras Galegas”, polo que esta asociación, ademais de presentar a súa candidatura, confirma que apoiará ou promoverá “calquera iniciativa encamiñada a ese fin”.

“Foi o fío condutor de todos os sucesos que definiron a evolución do noso país durante o século XX e o transmisor fundamental do ideario galeguista, o amor pola terra e a defensa da nosa identidade colectiva”, conclúe o colectivo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...