InicioCulturaA creación de Sargadelos, nova temática das charlas online de Mariña Patrimonio

A creación de Sargadelos, nova temática das charlas online de Mariña Patrimonio

O xornalista Ernesto Sánchez Pombo e o historiador Ramón Villares falarán do epistolario de Seoane e Díaz Pardo o vindeiro sábado, nunha videoconferencia de acceso libre

Publicada o

- Advertisement -

A asociación Mariña Patrimonio impulsará o vindeiro sábado unha videoconferencia na que o historiador Ramón Villares e o xornalista Ernesto Sánchez Pombo conversarán sobre a figura do Fillo Adoptivo do Concello de CervoIsaac Díaz Pardo, fundador de Sargadelos, e do artista e intelectual Luís Seoane, ao fío do epistolario que mantiveron ambos persoeiros e que foi dixitalizado recentemente polo Consello da Cultura Galega, coincidindo co centenario do nacemento de Díaz Pardo.

O epistolario recolle o esforzo realizado polos dous creadores para materializar as súas ideas no grupo Sargadelos, especialmente por parte de Díaz Pardo. Son 331 cartas escritas durante un período de 20 anos. “O diálogo epistolar sostido por Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo durante dúas décadas ultrapasa o rexistro amical e familiar para se converter no diario dun proxecto cultural, construído a catro mans”, sostén Villares.

As cartas amosan, “de forma directa e por veces descarnada, o proceso de creación e asentamento dos principais proxectos do grupo Sargadelos, desde cuestións empresariais e políticas ata as máis claramente artísticas e culturais”.

“Trátase dunha nova conferencia no marco das actividades online programadas neste pandémico ano 2020”, precisa a agrupación, o vindeiro sábado 12 de decembro ás 19.00 horas terá lugar no Facebook de Mariña Patrimonio. Será a través desta ligazón, sen necesidade de crear conta.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...