Dentro do programa de actividades de dinamización das parroquias, o Concello de Lourenzá, en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, proxectará en todas as parroquias do municipio o filme ‘O que arde‘, de Óliver Laxe.
O calendario é o seguinte: o venres día 11, ás 20.30 horas, na escola de San Adriano; o sábado 12, ás 20.00 horas, no Salón de Actos do Concello; o venres 18, ás 20.30 horas, no Centro Social de San Xorxe; e o sábado 19, ás 20.00 horas, no pavillón polideportivo de Santo Tomé.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “o aforamento será limitado polo que deben reservarse as entradas, que serán gratuítas, a través do teléfono do Concello (982.12.10.06), en días laborables de 10.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas. Será obrigatorio o uso de máscara, haberá xel hidroalcólico a disposición do público e gardaranse as distancias de seguridade”.