O Concello anunciou o pasado martes os gañadores do seu primeiro premio de fotografía ‘Alfoz en outono‘. As fotografías gañadoras e os seus autores son:
1º premio (300 euros): “Mar de néboa” de Miguel Paz Sixto
2º premio (200 euros): “A la luz de la luna” de Bruno Fernández Pereira
3º premio (150 euros): “A ponte antiga” de Manuel López Méndez
Participaron 27 fotógrafos aficionados que presentaron un total de 51 fotografías a concurso. Formaron o xurado Santiago Otero de Vossaphotography, Jorge Val, alcalde de Alfoz, e Marisa Goás, Concelleira de Cultura non o tivo nada fácil para elixir as 3 fotografías gañadoras. “Mar de néboa” será o fondo da felicitación de Nadal do Concello de Alfoz.
As fotografías serán publicadas na web municipal e redes sociais todas as fotografías, as cales formarán parte da exposicón “Alfoz no outono” que se poderá visitar no Castelo de Castro de Ouro a partir do 27 de decembro. A edificación está aberta sábados, domingos e festivos de 12.00 a 20.00 horas.
“Este primeiro concurso de fotografía, incluído no Plan Único da Deputación Provincial dentro da Área de Turismo, terá continuidade o vindeiro ano polo que animamos e invitamos a todos os aficionados á fotografía a continuar elixindo Alfoz como lugar para realizar a súas instantáneas”, finaliza o Concello.