InicioCultura'Proxecto neo' emitirá lecturas da obra de Carvalho Calero de alumnado duns...

‘Proxecto neo’ emitirá lecturas da obra de Carvalho Calero de alumnado duns 30 centros educativos galegos

As gravacións de fragmentos escritos polo homenaxeado nas Letras Galegas emitiranse desde Burela o 22 de decembro

Publicada o

- Advertisement -

Unha iniciativa do IES do Milladoiro xunto con outros centros educativos “expandirá” a obra de Carvalho Calero mediante as ondas da radio. É un proxecto que busca difundir a obra do autor mediante a lectura de breves fragmentos da súa obra que serán gravados e logo emitidos desde o programa Proxecto Neo do IES Perdouro de Burela.

En principio espérase a participación de trinta centros, entre eles o de Milladoiro e o IES Perdouro de Burela, que será desde onde se emitan as gravacións o día 22 de decembro. A emisión foi unha proposta de Bernardo Penabade, profesor neste instituto da Mariña e será un programa con algunhas lecturas seleccionadas previamente. Le a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...