InicioCulturaTrabada compila as vivencias dos maiores para expoñelas con microvídeos no museo...

Trabada compila as vivencias dos maiores para expoñelas con microvídeos no museo etnográfico

O Concello chama á veciñanza a participar nas pezas audiovisuais, que pretenden ilustrar as formas de vida nos diferentes temas do centro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada invita aos maiores de 65 anos a participar no proxecto de musealización do museo etnográfico. Estas persoas están chamadas a explicar as súas experiencias, testemuños cos que se farán microvídeos.

A alcaldesa, a socialista Mayra García Bermúdez, indicou que “estamos levando a cabo o proxecto de musealización, no cal quixemos contar con veciños do pobo para que nos expliquen as súas vivencias e formen parte desta exposición. Queremos que este proxecto no cal levamos traballando tanto tempo manteña unhas raíces fortes aquí. “O feito de ser un plan que nace do pobo é a nosa maior satisfacción”, remarcou. Para anotarse e participar neste proxecto é preciso chamar ao teléfono do Concello: 982.135.011.

O proxecto museolóxico lévase a cabo con fondos propios municipais, 17.771 euros.  Engloba “o deseño expositivo e a selección das pezas, a realización de entrevistas á veciñanza de Trabada para exposición de microvídeos ilustrando as formas de vida nos diferentes temas do centro, gravando, editando e producindo os vídeos, así como a aportación de imaxes para as proxeccións e para os murais“.

O EQUIPAMENTO, RECÉN EXECUTADO

A obra do museo etnográfico, nas antigas escolas, iniciouse no 2017 coa redacción do proxecto de rehabilitación do edificio das antigas escolas (285.714,34 euros). Con outra achega da Consellería de Medio Ambiente, por importe de 272.000,06 euros, o Concello rematou as actuacións en marzo do 2019. O proxecto de urbanización do acceso foi incluído no Plan Único de 2019 (46.350,47 euros). O equipamento do centro, con subvención do Goberno autonómico por 29.972,91 euros, “acabamos de executalo este mesmo mes”, concretou García Bermúdez, que valorou que “estamos a ver a luz” con esta dotación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...