Repasamos a axenda cultural e de ocio da fin de semana.
ABADÍN
Gontán celebra a tradicional Feira de Santos o domingo, con concurso de gando desde as 12.00 horas e festa con orquestra a partir das 22.00.
ALFOZ
O venres, no centro sociocultural de Alfoz, o grupo teatral ‘Elefante Elegante‘ recreará ‘Asubíos‘. Comezará ás 19.00 horas.
Á mesma hora e no mesmo escenario, o sábado, máis teatro: será a quenda de ‘Unidade do Zono‘, que representará a peza ‘Tren a Nápoles‘.
BURELA
Fin de semana de ópera en Burela. O auditorio da casa da cultura acollerá este venres, desde as 20.30 horas, a recreación de ‘Madama Butterfly’, de Giacomo Puccini.
A Ópera Nacional de Moldavia interpretará a obra, ambientada no Xapón do 1900. Aínda hai entradas á venda: a taquilla abrirá de 18.00 a 20.00 horas.
O sábado haberá tarde laranxa de fútbol sala, con partidos dos dous primeiros equipos do Pescados Rubén Burela, o feminino e o masculino.
As discípulas de Julio Delgado e Lucas defenderán o liderado ante o Leganés Masdeporte. O encontro comezará ás 17.00 horas.
Para as 19.30 está previsto o inicio do partido do cadro masculino, tamén á fronte da táboa, que recibe a un Manzanares que vén en plena forma, despois de gañar ao Betis.
O Palacio de Cristal continúa coas súas xornadas do chuletón de vaca.
CERVO
Continúan as actividades do Samaín. O domingo proxectarase na casa da cultura a película ‘Coco‘, recoñecida co Óscar á mellor cinta animada, desde as 19.00 horas.
FOZ
O club Os Correcamiños organiza durante toda a fin de semana a décimo quinta edición da ruta 4×4 Montes da Mariña. Participarán 500 vehículos entre coches, motos e quads.
O sábado, os participantes realizarán unha ruta e realizarán varios espectáculos. Poderán verse pola estrada da Ermida a Oirán, sobre as 10.00 horas, e por riba da capela das Flores de Nois, sobre as 16.00.
O domingo haberá circuíto de velocidade e trial na antiga fábrica de Pardiñas, desde as 10.00 horas.
LOURENZÁ
Comeza a segunda edición do Certame de Teatro Afeccionado de Lourenzá. Este venres, desde as 21.00 horas, será a quenda de Bule Bule, grupo con intérpretes locais e de Alfoz, que recreará ‘Xente con xente‘.
O BARQUEIRO
O venres, a partir das 19.00 horas, asociación Nordés celebra a primeira ruta micolóxica de tapas da vila. Participan os locais Bar Queiro, Teleclub 2, A Goleta, A Sobreposta e O Boliche. Cada petisco custará 1,5 euros.
O VICEDO
O sábado, de 10.00 a 14.30 horas no edificio multiusos, o Galp A Mariña-Ortegal ofrece un obradoiro de cociñado de peixes e mariscos.
Tamén o sábado, a partir das 19.00, a compañía Mercromina Títeres presentará ‘Vacacions no mar‘.
RIBADEO
Vinte locais de hostalería participarán nas xornadas gastronómicas ‘Ribadeo en Asturias‘, que ofrecerán menús e racións típicos da cociña asturiana, ademais de concertos (Ilustres Patilludos o venres, L-R o sábado) e unha degustación de sidra. Podes consultar lugares, establecementos e horarios aquí.
VIVEIRO
Un total de 57 negocios asociados ao Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV) de distintos sectores -roupa, decoración, alimentación, librarías, xoieirías- ofrecerán descontos do 20% durante o venres e o sábado.
Podes consultar a listaxe de locais participantes neste enlace. Nota Prensa Shopping Weekend
XOVE
A Federación de Comercio A Mariña (FCAM) segue cos seus sorteos. Nesta ocasión celebrarase en Xove, o sábado ás 20.30 horas no centro cívico. Hai 1.500 euros en xogo.
O domingo, dentro do ciclo Buxiganga, Metástase Teatro (Palas de Rei) representará a comedia ‘O Euromillón‘, a partir das 19.00 horas no salón de actos do centro cívico.
MES DA MAXIA
Comeza o Mes da Maxia, no que participarán 19 establecementos e seis ilusionistas. O venres, o O Asador (Viveiro) acollerá a actuación do Mago Rafa e O Noso Lar (San Cibrao) a de Jorge e Paredes.
O sábado, haberá actuacións en Casa Damián (Foz) e no Hotel Vila do Val (O Valadouro). Neste enlace podes consultar o programa completo de menús e espectáculos.