InicioCulturaRegal Xunqueira expón 'Garagatos', 66 debuxos e pinturas de Joaquín Sabina

Regal Xunqueira expón ‘Garagatos’, 66 debuxos e pinturas de Joaquín Sabina

A mostra ofrece "outra perspectiva" da obra do célebre cantautor, que asinou todas as pezas

Publicada o

- Advertisement -

O complexo viveirense Regal Xunqueira, que dirixe o ceramista Otero Regal, acolle ata o 1 de xuño a mostra ‘Garagatos‘, de Joaquín Sabina. A exposición, que recolle debuxos e cancións do célebre cantautor, poderá visitarse de luns a venres, de 11.00 a 14.00 horas, e de 15.00 a 17.00 horas. Para visitas o sábado pola mañá haberá que concertar cita previa  no teléfono 664.543.103.

‘Garagatos’ recolle “decenas de debuxos, pinturas e bosquexos realizados polo artista durante as súas xiras e na súa intimidade“, amosando “outra perspectiva” do universo creativo do músico e poeta, explica Regal Xunqueira nun comunicado de prensa. O libro publícao Artika, editorial española especializada en libros de artistas, e é unha edición limitada de 4.498 exemplares, a 2.100 euros cada un. Sabina asinou a lápis, un a un, todos os exemplares. 

Garagatos, froito de dous anos de traballo artesán, consta de dous libros de gran formato. O primeiro reúne 66 debuxos que se exporán en Regal Xunqueira este primeiro semestre de 2021, facsimilares acompañados de versos manuscritos do artista e un despregable de case tres metros de longo con 74 retratos. “Moitas imaxes están inspiradas por mulleres —varias con toques eróticos— ou polas andanzas nocturnas do autor”, explica Otero Regal, que concreta que o segundo volume “repasa o universo creativo de Sabina a través da mirada de grandes autores e personalidades do mundo da arte, como o director artístico do Museo Thyssen de Madrid, Guillermo Solaina“.

MÁIS EXPOSICIÓNS NO SEGUNDO SEMESTRE

“Debido a situación sanitaria en que nos atopamos esta exposición non tivo acto de inaguración”, aclara Otero Regal, quen pide que “para evitar males maiores, para visitala sigan as indicacións de seguridade sanitaria que especifican” as autoridades. Regal Xunqueira “quere seguir coa súa actividade cultural e xa está programando exposicións para o resto do ano; a partir de xuño, unha exposición de fotografía e en xullo, agosto e setembro obra xigante de Lorenzo González en homenaxe ás xentes do mar”, avanza.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...

Viveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores de Celeiro

O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi...