InicioCulturaO Concello de Viveiro organiza 'Voces para Rosalía' para conmemorar o día...

O Concello de Viveiro organiza ‘Voces para Rosalía’ para conmemorar o día da poeta

O goberno local anima á veciñanza de todas as idades a poñerlle voz a un poema da autora

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro pon en marcha a iniciativa “Voces para Rosalía” con motivo do día da escritora, Rosalía de Castro, que se celebra o vindeiro 24 de febreiro. A proposta, impulsada dende a concellería de Cultura, pretende sacar á rúa os poemas da autora e dar a coñecer a súa ampla traxectoria literaria.

A acción anima á veciñanza de todas as idades a poñerlle voz a un poema de Rosalía de Castro. As persoas que desexen participar, poden inscribirse no teléfono 676.877.799 ou na páxina de facebook da Programación Cultural de Viveiro antes do 20 de febreiro.

Deste modo, unha vez recibidas as propostas das persoas interesadas, o Concello de Viveiro enviará un poema a cada participante, quen deberá gravarse lendo o texto. O Concello compilará e editará todo o material recibido e publicará os vídeos para conmemorar a data dedicada á escritora.

“É unha maneira de continuar co seu legado e que as súas verbas non caian no esquecemento, xa que é unha das figuras femininas literarias máis importantes a nivel mundial”, explicaba Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura de Viveiro.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...