InicioCulturaO teatro volve este sábado ao Pastor Díaz tralas restricións: coñece a...

O teatro volve este sábado ao Pastor Díaz tralas restricións: coñece a axenda para os vindeiros meses

“O Premio”, de La Quintana, será a obra encargada de recibir de novo aos espectadores

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa do reinicio da programación cultural do Teatro Pastor Díaz. As novas medidas sanitarias anunciadas pola Xunta de Galicia esta semana permiten a reapertura ao público do teatro, que acolle este sábado a primeira función.

A concellería de Cultura do Concello de Viveiro organiza a programación cultural do teatro, que retoma a súa actividade con dúas representacións no mes de febreiro.

“Desta forma, queremos apoiar á cultura e non adiar a programación, porque é un sector moi castigado e necesita todo o apoio das institucións”, asegura Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura de Viveiro.

A obra de comedia, “O Premio”, de La Quintana Teatro, recibirá ós espectadores/as este sábado 20 de febreiro ás 19.00 horas. A representación está dirixida ao público adulto e trata sobre un futuro próximo no que o progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito provocaron que un reality en directo, “O Premio”, sexa a única forma de conseguir a felicidade. Nesta función, o público pode escoller entre tres finais posibles en función do seu desexo.

Doutra banda, os pequenos e pequenas da casa poderán gozar o sábado 27 de febreiro ás 18.00 horas de “Pinocchio”, de Ghazafelhos Teatro. A obra, dirixida á nenos/as a partir de 5 anos, é unha adaptación libre do conto tradicional libre da obra de por Pepablo Patinho. A posta en escena mestura títeres, teatro actoral e música en directo nunha obra chea de humor e sensibilidade.

MARZO E ABRIL

O sábado 6 de marzo será a quenda de Teatro do Noroeste, con ‘Da avaricia, a luxuria e a morte‘ (19.00 horas). O 13 dese mes, Isabel Risco presentará o seu monólogo ‘Bravas‘, no mesmo horario.

Abril comezará con ‘Ummm‘, de Teatro Avento, unha comedia musical “para chupar os dedos” (sábado 10, 18.00 horas). ‘A compañeira de piso‘, de Contraproducións, continuará a programación, o 17 ás 19.00 horas. O 24 será a quenda dos pequenos co espectáculo de teatro xestual ‘Lázaro de Tormes‘, de Pedras de Cartón (18.00 horas).

 

 

A CAPACIDADE MÁXIMA DO TEATRO SERÁ DO 30%

En todas as representacións será obrigatorio o cumprimento do protocolo COVID-19, implicando o uso de máscara e de xel hidroalcólico. Ademais, deberase manter a distancia de seguridade en todo momento. Por último, segundo a normativa actual da Xunta de Galicia, a capacidade máxima do teatro será do 30%. Polo tanto, asignaranse as butacas e agruparase ás unidades familiares.

As entradas poden reservarse no teléfono 982560162 ou no enderezo electrónico rgb.cultura@viveiro.es en horario de luns a xoves.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...