Vegadeo homenaxea a Jimena e Elisa, as primeiras licenciadas na Universidade de Santiago

Coincidindo co 8-M, Día Internacional da Muller, descubriuse unha escultura de Javier Cancio que representa o tesón demostrado polas dúas irmás, que "abriu camiño a xeracións posteriores"

Escultura na honra de Jimena e Elisa. AXM

O Concello de Vegadeo homenaxeou este 8-M a Jimena e Elisa de la Vega, as primeiras mulleres en obter unha licenciatura na Universidade de Santiago de Compostela, dúas persoas que “abriron o camiño a moitas mozas da súa xeración e doutras futuras”.

Inauguración da escultura. AXM

Este luns inaugurouse unha escultura realizada por Javier Cancio Fernández, titulada ‘Dos gemas‘, na memoria destas mulleres. A modo de “alegoría mineral”, a peza representa o “tesón destas irmás para alzarse con éxito nun medio tan hostil para a muller como o principio do século XX, máis aínda no ámbito académico”. Dúas columnas sosteñen a imaxe das pioneiras.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here