InicioCulturaO vilalbés Martiño Maseda faise co premio de poesía Leiras Pulpeiro

O vilalbés Martiño Maseda faise co premio de poesía Leiras Pulpeiro

O escritor chairego recibirá o sábado en Mondoñedo o galardón por 'Mapa de xeografía emocional'

Publicada o

- Advertisement -

Martiño Maseda gañou a sétima edición do certame de poesía Manuel Leiras Pulpeiro, que cada ano convoca o Concello de Mondoñedo en colaboración coa área de cultura da Deputación de Lugo

A obra ‘Mapa de xeografía emocional’ mereceu a máis alta valoración do xurado. Maseda, natural de Vilalba, recibirá un premio de 1.500 euros, placa e diploma.

O segundo premio, dotado con 600 euros, placa e diploma, correspondeu a ‘1(14)1‘, do ferrolán Alberte Momán.

O terceiro premio foi para a obra ‘Documentos do escribente’ de Jorge Alonso García. O autor, nado en Bos Aires e residente en Vilagarcía de Arousa, recibirá 300 euros, placa e diploma.

o ferrolán alberte momán obtivo o segundo premio, e o arxentino jorge alonso garcía, o terceiro

O xurado que fallou os premios contou con Aurea Ramil, Armando Requeixo e José María Felpeto.

ENTREGA DE PREMIOS

A entrega de premios será o vindeiro sábado, 17 de novembro. Ás 12.15 haberá unha ofrenda floral na tumba do poeta, e ás 12.45 comezará o acto no salón de plenos do consistorio.

CASE 100 PARTICIPANTES

O Concello destaca a alta participación na sétima edición do certame, xa que recibiu preto de 100 orixinais

LIBRO NO 2019

O goberno local anunciou que no 2019 editará un libro con todos os poemas gañadores nas sete edicións do certame que honra a Leiras Pulpeiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...