InicioCulturaXoldra e O Pasatempo crean o 'Mondopoli', o xogo para poñer en...

Xoldra e O Pasatempo crean o ‘Mondopoli’, o xogo para poñer en valor os recursos de Mondoñedo

Nas vindeiras semanas comezarán a facerse os primeiros encargos, pero os prazos para as reservas seguen abertos

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación Xuvenil Xoldra e a Asociación Cultural O Pasatempo de Mondoñedo veñen de presentar as primeiras versións do «Mondopoli», un xogo de mesa elaborado de
forma conxunta e inspirado nas principais localizacións, eventos e personaxes da cidade. A iniciativa conta co apoio do Concello e pretende poñer en valor as distintas referencias artísticas, xeográficas e festivas da localidade mariñá.

‘Mondopoli’, que é un proxecto sen fins lucrativos, veu a luz esta fin de semana despois
de varios meses de esforzo e traballo por parte das dúas entidades. Tanto o taboleiro
como as distintas pezas que integran o xogo procuran ser o máis sostibles posible e
correron a cargo de comercios de proximidade. Ademais, as fichas e os billetes supoñen
dous dos elementos máis distintivos do produto.

Dende este sábado, o resultado final está dispoñible para todos aqueles que queiran
xogar polas rúas mindonienses sen necesidade de saír da casa. Nas vindeiras semanas comezarán a facerse os primeiros encargos, pero os prazos para as reservas seguen
aínda abertos. Para máis información e consultas, están a disposición dos veciños os
seguintes números de teléfono: 680.783.435 (Xoldra) ou 651.958.770 (O Pasatempo).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...