Aberto o prazo para a décima edición do Premio de Poesía Leiras Pulpeiro

O Concello de Mondoñedo premiará con 1.500 euros a obra gañadora do certame

Tumba de Leiras Pulpeiro. ESACADEMIC.COM

O Concello de Mondoñedo, coa finalidade de honrar a memoria do escritor mindoniense e, asemade, colaborar na promoción da escrita poética en lingua galega e na divulgación das súas autoras e autores, convoca o X Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, que se rexerá polas seguintes bases.

Poderá concorrer ao premio calquera persoa física que presente a súa obra en lingua galega, con poemas orixinais e inéditos tanto en soporte impreso coma dixital. As composicións terán unha extensión máxima de 150 versos e serán de tema libre.

O prazo de admisión de orixinais remata o día 15 de setembro de 2021, considerándose incluídas neste prazo as obras que, enviadas por correo, presenten selo postal de orixe con esta ou anterior data.

As obras deberán enviarse ao seguinte enderezo: Concello de Mondoñedo, Praza do Concello, 1. 27740 Mondoñedo (Lugo). Segundo concreta o goberno municipal, o xurado estará composto “por tres persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario e mais un representante do concello con voz e sen voto que actuará como secretario”. A deliberación farase pública a comezos de outubro de 2021.

O concurso consta de tres premios: primeiro, con 1.500 euros, placa e diploma; segundo, con 600 euros, placa e diploma; e terceiro, con 300 euros, placa e diploma.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here