InicioCultura(VÍDEO) Sobrevivintes da galerna do 1961 contan a súa experiencia nun documental...

(VÍDEO) Sobrevivintes da galerna do 1961 contan a súa experiencia nun documental de Nordés

Este 2021 cúmprense 60 anos do temporal, que levou a vida de 83 homes no mar Cantábrico

Publicada o

- Advertisement -
A asociación Nordés presentou este luns o avance do documental “Ecos da galerna do 61” producido pola agrupación e realizado por Pinancho Audiovisuais. Colaboran o Concello do Vicedo e Cuarzos Industriales S. A. 

Segundo lembra Nordés, a galerna (RAG) é un vento moi forte de entre oeste e noreste que ocasiona fortes temporais na costa do Cantábrico. “O 12 de xullo do 2021 cúmprense 60 anos dunha traxedia que asolou a comarca e moitos outros pobos mariñeiros do litoral cantábrico. A frota boniteira, metida de cheo en campaña, atopouse no medio dun temporal inesperado e dunha dureza extraordinaria e mortal. Ao longo de case tres días, barcos e homes loitaron por sobrevivir. Algúns conseguírono. Outros non”, salienta o colectivo.

Un total de 83 homes perdeu a vida e os que conseguiron volver gardan un recordo inesquecible daqueles días nos que “houbo que agarrarse á vida por un pelo”. “Este documental é unha pequena homenaxe a toda esa xente, familiares e veciñanza que dun xeito u outro viron afectadas as súas vidas. Grazas ás aportacións de Hixinio, e ás testemuñas de Pepe, Cándido e Darito, mariñeiros sobrevivintes da nosa comarca, temos a fortuna de compartir as súas lembranzas que nos axudan a entender un pouco mellor a dureza da vida no mar e a forza devastadora cando os elementos da natureza estoupan, como acontece decando en cando, e o ser humano se atopa no seu devir loitando polo seu destino”, conclúe Nordés.

ÚLTIMAS

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...

O Concello de Viveiro leva aos institutos as actividades do 25N

A programación do Concello de Viveiro con motivo do 25N, o Día Internacional da...

Burela informará o venres á hostalaría local sobre o a implantación do contedor marrón

O Concello de Burela está a preparar a implantación do contedor marrón de...

O Concello de Burela tratará no pleno ordinario a aprobación dunha nova ordenanza de tráfico

O Concello de Burela celebra mañá, xoves día 30 de novembro, un novo pleno...