- Advertisement -
AXENCIAS. A Xunta de Galicia reforzará o seu apoio ao festival Bal y Gay, “unha das mellores citas de música clásica en pequeno formato” que se celebran en Galicia e que este mércores foi presentada na Casa de Galicia en Madrid nun acto no que participou o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo. Este festival, que se celebra na Mariña lucense, teña lugar nos meses de maio e agosto e “involucrará a toda a comarca”, salientou.