InicioCulturaSés lidera o cartel do Festival das Minas, na Pontenova

Sés lidera o cartel do Festival das Minas, na Pontenova

A décimo segunda edición do evento celebrarase os días 14 e 15 de decembro

Publicada o

- Advertisement -

O concerto da cantautora bergantiñana Sés, o sábado 15 de decembro, será o principal atractivo da décimo segunda edición do Festival das Minas da Pontenova.

Así o anunciou a entidade organizadora do festival, a Asociación Cultural e Deportiva As Minas, que completou o cartel dun evento que será gratuíto.

O 14, PETISCO MUSICAL

O festival comezará o venres 14 cun petisco musical nun local de hostalería da vila, o Rony Bar. A partir da medianoite, Viti Gutier interpretará versións de clásicos da música pop dos últimos trinta anos.

SÁBADO

O sábado, a xornada festiva comezará ás 21.30 horas, cunha churrascada. O prezo da cea será de 15 euros.

Ás 23.30 comezarán as actuacións musicais. Sés lidera un cartel que inclúe tamén á Chocolateira coa Escola Rexional de Baile da Pontenova e a Wicked Game, grupo de versións de rock dos anos 80 e 90.

ENTIDADES COLABORADORAS

O Concello da Pontenova, a Deputación de Lugo e máis Superti colaboran cos organizadores do evento.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...