InicioCulturaO festival poético 'Versos na Baixamar', a gran proposta de Barreiros para...

O festival poético ‘Versos na Baixamar’, a gran proposta de Barreiros para o Día das Letras

Organizado por Lois Pérez, nel participarán Olalla Cociña, Paula dos Anjos e Daniel Irimia.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros celebrará este maio a primeira edición de ‘Versos na Baixamar’ despois de ter sido adiado no pasado mes de outubro. É a súa gran aposta para dinamizar o Día das Letras galegas.  Esta edición xuntará varias voces da Mariña que destacan pola frescura e a calidade da súa poesía, completando así unha xornada adicada á figura de Xela Arias.

A poesía de Olalla Cociña, Paula dos Anjos e Daniel Irimia será a protagonista dunha tarde de música e versos, conducida polo narrador oral e poeta Lois Pérez o luns 17 de Maio ás 18h no Centro Sociocultural.

Por outra parte, a autora Andrea Barreira impartirá o luns 10 de maio nos centros escolares de San Cosme e San Miguel o obradoiro “Cada día, a familia” no que a través da figura e da obra de Xela Arias as crianzas reflexionarán sobre as familias e a súa diversidade.

ACTIVIDADES VIRTUAIS

Ademais destas actividades presenciais, nos vindeiros días presentaranse unha serie de actividades virtuais na que tanto crianzas como maiores poderán participar e que queremos que sirvan de pasatempo á vez que nos axuden a descubrir cousas tanto do noso concello coma das Letras Galegas”, sinalou o concelleiro Dani García nun comunicado.

Ademais, ata o 7 de Maio está aberto o prazo para concursar no certame que organiza a Biblioteca Provincial de Lugo, coa colaboración como cada ano da Biblioteca Pública do Concello de Barreiros, no que o tema deste ano é “o dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural”.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...