InicioCulturaO espírito e a obra de Xela Arias viaxará por todos os...

O espírito e a obra de Xela Arias viaxará por todos os centros educativos da Mariña

A vicepresidenta da Deputación Maite Ferreiro di que o obxectivo é "ofrecerlles aos propios centros recursos para traballar sobre a figura da autora" homenaxeada no Día das Letras.

Publicada o

- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo informou de que, durante esta semana, está a enviar a 140 centros educativos da provincia, entre eles aos da Mariña, un lote de libros con diferentes publicacións ao redor da figura de Xela Arias, a autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

Nese lote de libros figura un exemplar de ‘Non te amola’, unha recompilación de relatos escritos pola autora sarriá, con vivencias da súa infancia e que permaneceron inéditos até a súa publicación este ano por parte da Editoral Galaxia, con ilustracións de Luz Beloso.

Ademais, inclúe un exemplar de ‘Intempestiva’, unha biografía literaria de Xela Arias escrita pola profesora da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e crítica literaria Montse Pena; así como ‘Xela quixo ser ela’, un estudo en clave biográfico asinado por Yolanda Castaño, que indaga na orixe do ca0rácter innovador e feminista da obra da autora homenaxeada.

SECUNDARIA

No caso dos centros de secundaria, o lote remitido pola Deputación tamén inclúe ‘Poesía reunida (1982-2004)’, de Xela Arias, un volume que recolle a obra poética da autora nese período da súa vida, con edición e notas de María Xesús Nogueira.

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, explicou que “trátase de exemplares adquiridos polo Servizo de Publicacións da institución” co “obxectivo de apoiar a produción editoral en galego e, especialmente este ano, os títulos vinculados ao estudo de Xela Arias”.

Ademais, destacou que “con esta repartición entre os centros educativos cumprimos co obxectivo fundamental destas publicacións, que é chegar ao público e divulgar a vida e obra do poeta” e “ofrecerlles aos propios centros recursos para traballar sobre a figura da autora“.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...