InicioCulturaMúsica coral para celebrar o Día das Letras Galegas en Viveiro

Música coral para celebrar o Día das Letras Galegas en Viveiro

Contou coa participación dos intérpretes Rosa Lage e Víctor Rolle, acompañados polo músico Lino Rico. Aprazado o concerto de Ribadeo pola chuvia.

Publicada o

A sala multiusos do Concello de Viveiro acolleu este venres o concerto do obradoiro de canto coral do Conservatorio Profesional de Música Municipal, enmarcado na programación do goberno local para celebrar o Día das Letras Galegas.
O evento, no que se enxalzou a figura de Xela Arias, escritora á que se lle dedica a data este 2021, contou coa participación dos intérpretes Rosa Lage e Víctor Rolle. Mentres recitaban, estiveron acompañados polo músico Lino Rico, profesor ademais do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
“Dende o Concello de Viveiro agradécese a implicación dos intérpretes e participantes, así como do profesorado do conservatorio e de todos os asistentes, que contribuíron a reivindicar a figura da escritora”, apuntan desde a institución local nun comunicado.
ATRASADO
Por outra banda, o concerto da Banda de Música Municipal de Ribadeo, quedou aprazado por mor da chuvia. O director da formación, David Ballester, explicou que intentarán que se celebre nunha data próxima. A actuación ía ter lugar no campo de herba artificial do Ceip Gregorio Sanz.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...